Santiago de compostela, anos setenta. ferven as revoltas universitarias. está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da parte vella. as portas do centro histórico están bloqueadas e o cerco preparado. un grupo de estudantes asiste ao desenlace desde a mesa do seu bar, fronte á porta da mámoa. alaín, o inspector que todos eles coñecen, xorde entre os furgóns magoado e iracundo. algo sucedeu nas horas previas. vellos asuntos e contas pendentes volven aflorar nesta atmosfera de revolta e incerteza, mentres o país se decanta por un novo tempo. pouco imaxina o inspector o que vai atopar detrás da investigación que está a facer sobre un dos grupos insurxentes que operan na cidade, nun emocionante final da novela.
