Se en diario de comidas, o seu anterior libro en prosa, o relato xa se desenvolvía en forma de dietario, desta volta a narración da experiencia expándese para, en estampas maxistrais, achegar aos lectores o pulso dun país senlleiro.a partir do ano 2006, en que rodríguez baixeras visita por primeira vez o brasil, decide convertelo nun centro de residencia primaveral e estival e, por tanto, nun dos principais polos de atracción o outro é galiza cara ao que, desde entón, tendería a súa experiencia vital. a partir dese momento inaugural, inicia un modo de vida que lle permite un desdobramento: ser outro durante a metade do ano, non por mudanza de xorne ou de pensamento, senón por habitar outro clima, cambiar de ambiente, vestir outra roupa ou gustar comida diferente.amais dese dietario brasileiro, o poeta escribe unhas estampas en torno á cidade que o acolle, salvador de bahía. a acusada presenza daquela terra ultramarina, tanto en forma de semblanzas como de diario, constitúe o verdadeiro centro deste libro, especialmente as primeiras polo que teñen de estabilidade, de prospección no tempo e en certo modo de novidade, de asombro inaugural, escribe rodríguez baixeras na nota aclaratoria inicial. para o autor de o pan da tarde, ser o centro non significa, nin moito menos, erixirse en obxecto de visión exhaustiva, pormenorizada, mais si de contemplación dirixida a unha sociedade de alto poder de seducción e, sobre todo, sempre irradiadora dun estraño feitizo.un libro de viaxes que conxuga o ton íntimo e reflexivo do diario co relato do encontro cunha terra nova, afastada e inmensa, territorio ignoto que, como a vida, cambia conforme o tempo lle vai dando forma.
