Saír sen danos dunha liorta co capitán cancro non é cousa doada. cando menos levarás de recordo algunha cicatriz revirada e, de seguro, unha historia que contar. como a que a avoa de nico e bruno lles lembra aos seus netos, onde relata a batalla que os pais dos nenos tiveron que librar contra tan temido personaxe. unha historia con monstros arrepiantes e valentes piratas; loitas con feridas abertas e moitos aloumiños para pechalas.
